MAR DE ARDORA EN GALICIA: QUE É, PORQUÉ SE PRODUCE, COMO, CANDO E ONDE VELO
Que é o Mar de Ardora?
O Mar de Ardora é un fenómeno natural de bioluminiscencia mariña no que a auga do mar emite destellos de luz azul ou verdosa cuando se axita coas ondas, o viento, o paso de peixes ou embarcacións.
Esta luz non procede de reflexos nin de fontes externas, sinon de organismos microscópicos que habitan no océano e reaccionan ao movemento, creando un espectáculo visible na oscuridade.
O resultado é un mar que parece brillar dende dentro, iluminando onas, ronseis e as beiras do mar dunha forma tan sorprendente como efímera.


Que é o Mar de Ardora?
O Mar de Ardora é un fenómeno natural de bioluminiscencia mariña no que a auga do mar emite destellos de luz azul ou verdosa cuando se axita coas ondas, o viento, o paso de peixes ou embarcacións.
Esta luz non procede de reflexos nin de fontes externas, sinon de organismos microscópicos que habitan no océano e reaccionan ao movemento, creando un espectáculo visible na oscuridade.
O resultado é un mar que parece brillar dende dentro, iluminando onas, ronseis e as beiras do mar dunha forma tan sorprendente como efímera.


¿Por qué sucede? A ciencia detrás do Mar de Ardora
A emisión de luz no Mar de Ardora é a consecuencia dun proceso bioquímico coñecido como bioluminiscencia, presente en determinados organismos microscópicos do plancton mariño, principalmente dinoflaxelados.
Ante un estímulo mecánico —como a axitación da auga— estes organismos activan unha reacción química intracelular basada na interacción entre dous compostos fundamentais: a luciferina e a luciferasa. A luciferina actúa como sustrato luminoso, mentres que a luciferasa funciona como enzima catalizadora do proceso.
En presencia de oxígeno, esta reacción convierte de forma directa la energía química en radiación electromagnética visible, sin xerar calor apreciable. O espectro emitido concéntrase maioritariamente en lonxitudes de onda azul-verdosas, que son as que presentan maior capacidade de propagación no medio mariño.
Dende o punto de vista biolóxico, este mecanismo interprétase como unha resposta ao estímulo ou ao estrés, con funcións defensivas ou de disuasión. Sin embargo, cuando a densidade de estes microorganismos é elevada e as condicións ambientais son favorables, a suma de millóns de reaccións individuais da lugar aos episodios de Mar de Ardora visibles a gran escala.

¿Por qué sucede? A ciencia detrás do Mar de Ardora
A emisión de luz no Mar de Ardora é a consecuencia dun proceso bioquímico coñecido como bioluminiscencia, presente en determinados organismos microscópicos do plancton mariño, principalmente dinoflaxelados.
Ante un estímulo mecánico —como a axitación da auga— estes organismos activan unha reacción química intracelular basada na interacción entre dous compostos fundamentais: a luciferina e a luciferasa. A luciferina actúa como sustrato luminoso, mentres que a luciferasa funciona como enzima catalizadora do proceso.
En presencia de oxígeno, esta reacción convierte de forma directa la energía química en radiación electromagnética visible, sin xerar calor apreciable. O espectro emitido concéntrase maioritariamente en lonxitudes de onda azul-verdosas, que son as que presentan maior capacidade de propagación no medio mariño.
Dende o punto de vista biolóxico, este mecanismo interprétase como unha resposta ao estímulo ou ao estrés, con funcións defensivas ou de disuasión. Sin embargo, cuando a densidade de estes microorganismos é elevada e as condicións ambientais son favorables, a suma de millóns de reaccións individuais da lugar aos episodios de Mar de Ardora visibles a gran escala.
O Mar de Ardora en Galicia: ¿Cuando sucede?
En Galicia, o Mar de Ardora pode observarse principalmente entre os meses de abril e novembro, cunha maior frecuencia durante os meses de verán, cando as condicións ambientais favorecen o desarollo de organismos bioluminiscentes en augas costeiras.
Os episodios de ardora non se producen de forma homoxénea ao largo do litoral, senón que dependen de unha combinación complexa de factores oceanográficos, biolóxicos, meteorolóxicos e xeográficos. Elementos como a temperatura da auga, a estabilidade da masa mariña, as correntes, a réxime de ventos ou o estado do mar influen de forma decisiva na súa aparición. Ademáis, determinadas configuracións do litoral, como rías resgardadas, zonas de rompente ou desembocaduras de ríos, poden favorecer a concentración de nutrintes e a proliferación de certos dinoflaxelados.
Na costa galega, o fenómeno está asociado principalmente á presencia de dúas especies de organismos planctónicos bioluminiscentes: Alexandrium tamarense e Noctiluca scintillans.
Ambas especies presentan comportamentos e requerimentos ambientais distintos. Alexandrium tamarense normalmente prolifera baixo condicións de maior estabilidade da auga e concentracións específicas de nutrintes, mentres que Noctiluca scintillans responde de forma distinta á temperatura, as correntes e a dinámica superficial. En determinados episodios, ambas especies poden coexistir nun mismo entorno, dando lugar a manifestacións de ardora con características mixtas.
A aparición do fenómeno non é automática nin garantizada. A presencia de estes organismos non implica necesariamente que o mar de ardora vaia a ser visible, xa que interveñen factores adicionais como o grado de axitación da auga, a densidade de organismos e as condicións de observación nocturna, especialmente a contaminación lumínica. Por este motivo, a ardora sigue sendo un fenómeno difícil de prever con exactitude.
A pesar de esta variabilidade, na Costa da Morte o mar de ardora ha foi documentado de forma continuada tódolos anos entre 2017 e 2025, o que convierte a esta zona —con enclaves como a praia de Carnota, a praia de Estorde (Cee) e a praia de Rebordelo (Cabana de Bergantiños)— nun dos territorios máis consistentes e recurrentes pra observación do fenómeno, non so en Galicia, senón tamén en España e incluso a nivel europeo.

Unha reflexión basada na observación
Tradicionalmente, o mar de ardora interpretouse como un fenómeno único, e a súa posible aparición intentouse explicar apelando a un conxunto xenérico de condicións ambientais, como si un só organismo fose o responsable de producilo.
Non obstante, dende unha perspectiva basada na observación continuada e na experiencia acumulada co paso dos anos, esta simplificación resulta insuficiente. A realidade é que o mar de ardora en Galicia non responde a un único patrón nin a un único organismo bioluminiscente.
A clave non está tanto en preguntarse si haberá ardora, senón en comprender qué organismos están presentes en cada momento e qué condicións favorecen a cada un deles. Só dende este enfoque é posible interpretar correctamente a variabilidade do fenómeno e entender por qué, en situacións aparentemente similares, o resultado pode ser completamente distinto.

Tipos de mar de ardora en Galicia
En Galicia, os episodios de mar de ardora están asociados principalmente la proliferación de dous organismos bioluminiscentes distintos, con comportamentos, apariencias e respostas ambientais claramente diferenciadas: Alexandrium tamarense e Noctiluca scintillans. Comprender as súas diferencias é fundamental pra interpretar correctamente o fenómeno.
Alexandrium tamarense
Alexandrium tamarense é un dinoflaxelado do fitoplancton, é dicir, un organismo microscópico fotosintético que forma parte da base da cadena trófica mariña. Debido ao seu tamaño microscópico, súas células individuais non son distinguibles a simple vista, o que lle da á auga un aspecto homoxéneo cando se produce un episodio de mar de ardora asociado a este organismo.
En Galicia, a proliferación de Alexandrium tamarense obsérvase con maior frecuencia en desembocaduras de ríos, rías e zonas onde confluen aportes de nutrintes continentales. Estes entornos favorecen tanto a estabilidade da masa de auga como a dispoñibilidade de nutrentes, condicións clave para o su desarrollo.
Este tipo de ardora presenta unha maior resistencia ás corrientes, ao vento e ás temperaturas da auga relativamente baixas, o que permite que o fenómeno se manteña incluso en condicións menos favorables, como durante episodios de fortes rachas de vento do nordés. Require, non obstante, un certo grao de estabilidade do medio, especialmente na columna de auga, pra alcanzar concentracións elevadas.
Durante o día, os blooms de Alexandrium poden manifestarse como manchas homoxéneas de tonalidades vermellas ou marróns. A noite, cando a concentración é grande, a bioluminiscencia percíbese como un brillo azul intenso, que en situacións de densidade extrema pode adquirir matices verdosos, iluminando a auga de forma uniforme.
Noctiluca scintillans
Noctiluca scintillans és un organismo do zooplancton, non fotosintético, de tamaño considerablemente maior ca Alexandrium tamarense. As súas células son visibles a simple vista, o que permite identificar claramente as partículas individuais cando se concentran na superficie.
En Galicia, Noctiluca scintillans está máis asociada a temperaturas da auga máis elevadas e a condicións de estratificación superficial. Presenta unha menor resistencia as correntes e ao oleaxe, polo que tende a acumularse nas capas máis superficiais da agua e en zonas de relativa calma.
Normalmente durante o día forma manchas aceitosas de tonalidades alaranxadas na superficie do mar. Según o observado durante os últimos años, os brillos producidos por Noctiluca tenden a ser sutilmente máis breves, comparables a pequenas faíscas de luz, en contraste coa emisión máis sostida asociada a Alexandrium tamarense.
De noite, a ardora producida por Noctiluca scintillans manifestase como miles de puntos individuales de luz, que poden percibirse de forma máis ou menos homoxénea en función da distancia de observación e da concentración de organismos. Estes escintileos brillan con un tono azul eléctrico moi definido e é frecuente observalos pegados á piel, a roupa ou a obxetos sumerxidos, parpadeando de xeito irregular tralo movemento ou axitación da auga.
EPISODIOS MIXTOS E VARIABILIDADE DO FENÓMENO
En determinadas circunstancias, ambas especies poden coexistir en un mismo entorno, dando lugar a episodios de mar de ardora con características mixtas. Estes casos presentan unha gran riqueza visual e unha variabilidade notable en intensidade, cor e comportamento, reflexando na complexidade biolóxica do fenómeno na costa galega.
Ademáis de Alexandrium tamarense e Noctiluca scintillans, existen outros organismos bioluminiscentes que poden estar presentes de forma puntual no medio mariño galego, como Lingulodinium Polyedra ou outras especies menos frecuentes.
En estes casos, a súa contribución ao fenómeno adoita ser secundaria ou localizada, e non sempre resulta dominante na manifestación visible do mar de ardora.
A combinación de distintos organismos, xunto con factores ambientais como a temperatura, a estratificación da auga, a oleaxe ou a dispoñibilidade de nutrintes, explica por qué cada episodio é único e por qué non tódolos mares de ardora se comportan igual.
Que o diferencia de outros fenómenos mariños?
O mar de ardora distínguese de outros fenómenos observables na costa pola súa natureza reactiva e dinámica. Non se manifesta como unha iluminación constante nin como un efecto pasivo, senón como un fenómeno que responde directamente ao entorno, aparecendo e desaparecendo en función do movemento da auga.
A diferencia de reflexos producidos pola Lúa, a iluminación artificial ou determinadas condicións do ceo nocturno, a ardora non depende de fontes externas de luz nin se comporta como un simple efecto óptico. A súa manifestación está ligada ao propio comportamento do mar, mostrándose únicamente cando existe interacción física coa auga.
Frente a outros fenómenos naturais máis estables ou previsibles, o mar de ardora presenta patróns cambiantes e efímeros, que poden variar incluso dentro dunha mesma noite. Ondas, ronseis, rompentes ou obxetos na auga xeran respostas luminosas distintas, o que confire ao fenómeno un carácter altamente variable e difícil de replicar.
Outro rasgo diferencial é a súa escala de manifestación. Pode expresarse dende escintileos puntuales e localizados ata extensas áreas iluminadas de forma simultánea, sin unha transición progresiva clara entre ambos estados. Esta variabilidade espacial non é habitual en outros fenómenos mariños.
Por último, o mar de ardora non pode entenderse como un fenómeno aislado, senón como a expresión visible de procesos biolóxicos complexos que interactúan co estado do mar, a xeografía costeira e as condicións ambientais de cada momento. Esta combinación fai que cada episodio sea único, incluso en localizacións recurrentes.
Mitos e falsas creencias sobre o mar de ardora
A pesar da súa crecente popularidade, o mar de ardora segue rodeado de ideas erróneas e simplificacións que dificultan a súa comprensión real. Moitos destes mitos surxen de observacións puntuales, explicacións incompletas ou asociacións incorrectas con outros fenómenos naturais.
Non todo o mar que brilla é mar de ardora.
Reflexos da luz da Lúa, da iluminación artificial próxima (farolas, focos, portos ou paseos marítimos) ou escuma iluminada por fontes de luz externas poden xerar efectos visuais chamativos sobre a auga, especialmente en condicións de oscuridade. Estes reflexos poden producir unha falsa sensación de ardora, pero non deben confundirse co fenómeno real, que solo se manifesta cando existe una resposta luminosa xerada polo propio movemento da auga.
O uso de lanternas e flashes non axuda a velo, perxudicao.
Un dos erros máis habituais durante a observación é utilizar lanternas potentes, flashes de cámara ou focos directos sobre a auga. Estas fontes de luz externa non fan que o mar de ardora “se active” e, ademáis, dificultan enormemente a adaptación da vista á oscuridade, facendo que o fenómeno pase desapercibido ou perda intensidade perceptible.
As cámaras non ven igual que o ollo humano.
As cámaras, especialmente en condicións de baixa luz, teñen unha maior capacidade para captar luminosidade que o ollo humano. Esto pode xerar falsas expectativas, xa que episodios que en fotografía ou vídeo parecen moi intensos poden resultar máis sutiles a simple vista. Non obstante, cando a concentración de organismos bioluminiscentes é elevada, o mar de ardora puede observarse de forma espectacular sin ningún tipo de axuda técnica, sendo claramente visible para o ollo humano.
Non existe unha “fórmula exacta” para que apareza.
Outro erro frecuente é pensar que o fenómeno depende dun conxunto fixo de condicións que, ao cumplirse, garantizan a súa aparición. En realidade, o mar de ardora depende da presenza de organismos bioluminiscentes concretos e dun equilibrio moi delicado de factores ambientais. En ocasións, un simple cambio na marea (máis alta ou máis baixa) ou na dinámica da auga pode facer que o fenómeno desapareza ou se intensifique en cuestión de minutos, pasando de non ser visible a resultar espectacular, ou viceversa.
Non sempre se ve igual nin coa mesma intensidade.
O mar de ardora non é un espectáculo uniforme. Pode manifestarse como escintileos puntuales, ronseis luminosos ou grandes extensións de auga iluminada. Pensar que solo existe “unha forma” de ardora leva a descartar episodios reales que non encaixan na imaxe máis conocida do fenómeno.
Non é un fenómeno perigoso nin artificial.
O mar de ardora non está relacionado con contaminación química, vertidos nin procesos artificiais. Trátase dun fenómeno biolóxico natural, documentado dende fai séculos, que forma parte do funcionamento normal de determinados ecosistemas mariños.
Non é predecible a corto prazo con total fiabilidade.
Aínda que poden identificarse patróns e épocas máis favorables, o mar de ardora non pode predecirse con exactitude día a día. A observación continuada e o coñecemento do entorno axudan a aumentar as probabilidades, pero nunca ofrecen certezas absolutas.

Luz de emerxencias dunha grúa reflexada no mar durante un episodio de ardora en Rebordelo. O efecto do mar de ardora queda completamente opacado por las luces externas, aunque pudieran chegar a confundirse.
Luz de emerxencias dunha grúa reflexada no mar durante un episodio de ardora en Rebordelo. O efecto do mar de ardora queda completamente opacado por las luces externas, aunque pudieran chegar a confundirse.
Observación responsable do mar de ardora
O mar de ardora é un fenómeno natural delicado, estreitamente ligado ao equilibrio dos ecosistemas mariños. A súa observación debe realizarse dende o respeto ao entorno, evitando conductas que poidan alterar tanto o fenómeno como o medio no que se produce, así como a fauna e a flora que alí habitan.
Durante a observación, é fundamental minimizar o uso de luz artificial. Lanternas, flashes e focos non solo dificultan a adaptación visual á oscuridade, senón que tamén rompen a experiencia e poden afectar aos organismos do ecosistema e a outras persoas que estén observando o fenómeno. A oscuridade é unha aliada, non un obstáculo.
O acceso a praias e zonas costeiras debe facerse con especial coidado, respetando sendeiros, dunas e áreas protexidas. Evitar pisar zonas sensibles, remover sedimentos innecesariamente ou alterar o entorno contribúe a preservar estes espacios para futuras observacions. Do mesmo xeito, cualquera residuo xerado —dende envases de plástico ata cabichas— deben recollerse sempre e retirarse do entorno.
Así mesmo, é importante recordar que o mar de ardora non é un espectáculo programado. Forzar situacións, remover a auga de forma constante ou intentar provocar o fenómeno de maneira artificial non garantiza mellores resultados e poden xerar o efecto contrario, dispersando os organismos responsables da bioluminiscencia.
Observar o mar de ardora con responsabilidade implica tamén aceptar a súa natureza impredecible. Parte do seu valor reside precisamente no seu carácter efímero e cambiante, que convirte cada episodio nunha experiencia única e irrepetible.

Seguridade
A observación do mar de ardora realizase sempre en entornos naturais abertos, de noite e xeralmente en zonas costeiras expostas ao océano. Por este motivo, a seguridade persoal debe ser sempre prioritaria frente a calquera intento de observar ou documentar o fenómeno.
Antes de acceder a unha praia ou a iunha zona costeira, é fundamental coñecer o lugar, os seus accesos e os seus posibles riscos. Moitas praias presentan cambios bruscos de marea, corentes, zonas rochosas, desniveis ou áreas onde a oleaxe pode aumentar de forma repentina, incluso en noites aparentemente tranquilas.
O estado do mar e a meteoroloxía deben evaluarse sempre con antelación. Condicións como mar de fondo, correntes fortes, vento ou cambios rápidos na oxeaje poden convertir unha situación aparentemente segura en perigosa en poucos minutos. Si existen dudas sobre a seguridade do entorno, non debe realizarse a observación.
Durante a noite, a percepción do entorno é limitada. É imprescindible extremar a precaución ao camiñar pola veira do mar, evitar zonas rochosas esbarradizas e non adentrarse na agua sin conocer ben el fondo e a dinámica do lugar. En ningún caso se recomenda bañarse máis alá da cintura, incluso aunque se conoza o entorno, na maioría das situacións non é recomendable entrar na auga en absoluto. O mar de ardora pode observarse dende a fora da auga sin necesidade de bañarse.
Convén recordar a peligrosidade inherente do mar, especialmente de noite, e que non todas as condicions son seguras aunque o fenómeno sea visible. Non é casualidade que o océano dea nome a Costa da Morte.
Nunca debe observarse o fenómeno en solitario en zonas expostas. Compartir a experiencia con outras persoas mellora a seguridade e permite reacionar con maior velocidade ante cualquera imprevisto.
As imaxes e vídeos que podan verse de persoas bañándose durante episodios de mar de ardora corresponden sempre a decisións asumidas baixo responsabilidade individual. En ningún caso se anima nin se recomenda a outras persoas a facelo, dada a perigosidade que pode conlevar. Estas prácticas realizanse únicamente dende o coñecemento profundo do entorno, da experiencia acumulada e duna relación continuada coa costa.
Asimismo, é importante recordar que ningún fenómeno natural xustifica asumir riesgos innecesarios. El mar de ardora é impredecible e pode aparecer ou desaparecer sin previo aviso; a seguridade persoal debe prevalecer sempre sobre a expectativa de observalo.

O mar de ardora na memoria mariñera
Moito antes de que a ciencia puxera nome e explicación ao fenómeno, o mar de ardora xa formaba parte do coñecemento práctico das xentes do litoral galego. Non era un espectáculo nin unha rareza: era un sinal. Unha manifestación do mar que se aprendía a leer, a interpretar e, en ocasións, a aproveitar.
Durante décadas —e probablemente séculos— os mariñeiros ollaron cómo, en determinadas noites, a auga iluminábase ao paso dos peixes, do remo ou das redes. Esa luz azulada delataba a presencia de grandes bancos de sardiña e outras especies, permitindo localizalos na oscuridade sin necesidade de instrumentos. A esa forma de faenar conocíoselle como pescar “á ardora”: deixar que o propio mar revelase o que ocultaba de día.
Con todo, o mar de ardora non sempre era un aliado. En moitas ocasións, a intensa bioluminiscencia iluminaba tamén as redes, delatando a trampa antes de tempo e provocando que os peixes se dispersasen. O que nunha noiche podía facilitar a pesca, noutra podía arruinarla por completo. O mesmo fenómeno que guiaba aos mariñeiros podía volverse na súa contra, recordando que o mar nunca é predecible nin dócil.
Esa dualidade —o mar de ardora como axuda e como obstáculo— quedou profundamente grabada na memoria colectiva das comunidades costeiras. O mar que brillaba non era un milagro nin unha lenda, senón un comportamento natural que había que entender e respetar. Por iso, lonxe de romantizarlo, os mariñeiros asumíano como parte do carácter cambiante do océano, igual que o viento, a marea e a oleaxe.
En noites especialmente intensas, a bioluminiscencia podía extenderse durante millas, transformando a superficie do mar nunha masa luminosa que parecía viva. A auga ardía ao paso das embarcacions, os ronseis encendíanse e cada movemento deixaba un rastro de luz efímera. Para quenes vivían do mar, aquela visión non era allea: era unha confirmación de que o océano estaba cargado de vida, aunque non sempre de oportunidades.
Hoxe, cando o mar de ardora se observa dende a veira do mar ou se documenta con cámaras, convén recordar que este fenómeno non nace como un espectáculo, senón como unha expresión máis da relación histórica entre o mar e quenes o habitaron. O mar de ardora foi primeiro observación, despois experiencia e solo moito máis tarde explicación científica. Comprendelo implica tamén recoñecer esa herencia: un coñecemento construido a base de noites, mareas e xeracións enteiras aprendendo a escoitar o que o mar, as veces, decide contar con luz.


Recreación feita con intelixencia artificial
Tu contenido va aquí. Edita o elimina este texto en línea o en la configuración de contenido del módulo. También puedes aplicar estilo a cada aspecto de este contenido en la configuración de diseño del módulo e incluso aplicar CSS personalizado en la configuración avanzada del módulo.